Latas, globos, botes, macetas, paus, tubos botellas...transformáronse en instrumentos de música nas mans dos pequenos luthiers do Castelao.
Todo o alumnado expuxo o seu traballo na aula de música explicando aos seus compañeiros como creou o seu instrumento, os materiais que empregou para facelo, o xeito de tocalo e finalmente realizou unha breve interpretación musical co mesmo.
Xunto co instrumento presentaron tamén unha ficha en forma de cómic describindo o seu traballo ou o xeito de facelo.